Un falecido na praia de Somorto

Imaxe da muradá praia de Somorto

Este tarde de domingo, arredor das 17:00h, un home home aparecía flotando na auga na Praia de Somorto, en Muros. Un particular alertaba ao 112, mentres as xentes do arredor o rescataban.

Xa en terra, e mesmo coa aeronave pousada no mesmo areal, comezaron a practicarlle as manobras de reanimación, e Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mesmo enviou un equipo a bordo do helicóptero medicalizado, pero nada se puido facer para salvarlle a vida.
O señor faleceu finalmente, dixeron, posiblemente a causa dun afogamento, segundo informa Urxencias Médicas.

Ademais dos sanitarios, ao lugar dos feitos acudiron os membros do GES de Muros e os axentes da Policía Local e Garda Civil tras ser avisados a través do 112 Galicia.