O IES Fontexería de Muros acolle un novo obradoiro de capacitación dixital para maiores

Acolle, por terceira vez, o IES Plurilingüe Fontexería de Muros, un Obradoiro de Capacitación Dixital para maiores. Abre de novo as portas aos maiores da contorna para axudarlles a manexar os teléfonos móbiles.

O curso desenvolverase do 20 de novembro ao 12 de novembro, en dúas quendas, completando 26 horas de formación presencia.

Xa podes certificar a túa inscrición na oficina do centro, entre as 8:30h e as 14:00h, preguntando no 811867110 ou en ies.fontexeria@edu.xunta.ga.