O IES de Muros leva un dos premios do certame “Idea o teu comercio”

A rapazada muradá recollendo o diploma

O alumnado de 3º e 4º da ESO do IES As Insuas de Muros recolleron hoxe un dos premios do certame escolar “I-Comercio. Idea o teu comercio”. Un concurso para achegar á rapazada a ese pequeno comercio que tanta vida e emprego crea nas nosas vilas.

O centro muradán gañou o premio na categoría de “téxtil, complementos, fogar, bricolaxe e xardín”, coa iniciativa “Rustics Heat”, de accesorios artesanais fabricados con materiais reciclados das costas galegas

A entrega tivo lugar en presenza do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez. Ademais dos muradáns tamén resultaron galardoados alumnos e alumnas de centros educativos de Carral, Monfero, Sada, Tui, Baiona, Vigo, Gondomar e Carballeda de Valdeorras. Foton 700 alumn@s de 50 centros os que participaron no certame.