“La vida no es un juego”: Santi Caamaño recoñece a súa ludopatía sen tabúes

Coñecímolo aló polo 2015 cando saltaba a fama tras unha divertidísima actuación co seu dúo Pachi nunha das Galas do Fútbol da Costa QPC. Xa levaban tempo facendo ruído nas redes, tanto que a TVG acabou fichándoo para aparecer nun dos programas de maior tirada dos últimos anos, o Land Rober. Dende aquel 2016 pouco sabiamos del. Deixou de ser Santi Culo para volver ser Santiago Caamaño, e hoxe volve á voz pública para traernos este crú relato persoal sobre a súa adicción ao xogo, sobre a súa ludopatía. Sen agachadas, sen tabúes, así nos conta como foron estes últimos anos de moitas sombras, e algún día soleado, que tivo Santiago Caamaño.  

Novas relacionadas