As mariscadoras de Muros pecharon a campaña homenaxeando ás xubiladas

Celebraron este sábado as bravas profesionais da Agrupación de Mariscadoras a Pé da Confraría de Pescadores de Muros a comellada de fin de campaña, unha cita que esta entidade vén celebrando de xeito anual e na que renden homenaxe ás profesionais que se xubilan en cada exercicio.

O colectivo, conta con 164 socias, dos que a maior parte se dedican ao marisqueo a pé (71), marisqueo en embarcación (36), a artes menores (22), a recursos específicos (21) e a viveiros flotantes (10). 

A actividade marisqueira neste municipio coruñés é moi destacada cunha produción na que destacan especies como o ameixón, a ameixa xaponesa, o berberecho, a ameixa rubia, a cornicha, a ameixa babosa, o carneiro ou a ameixa fina.

Arroupando estivo a Conselleira do Mar, Marta Villaverde, que titular de Mar destacou o compromiso da Xunta no impulso desta actividade extractiva investindo desde o pasado ano 1,2 millóns de euros para o desenvolvemento de proxectos para a mellora da xestión dos recursos marisqueiros, das condicións laborais, da protección e recuperación dos ecosistemas mariños ou da comercialización dos produtos. Este esforzo inversor complétase cos 800.000 euros que Portos de Galicia prevé destinar este ano á reconstrución do porto interior de Muros, ao acondicionamento da rampla de Esteiro e á dotación de luminarias LED.