Muros abre o prazo de preinscrición nas Escolas Deportivas Municipais
O Concello de Muros abriu onte, luns 8 de setembro, e ata as 14.00 horas do 18 de setembro o prazo de preinscrición nas Escolas Deportivas Municipais para o curso 2025/26.
As escolas desenvolveranse en Esteiro (Pavillón Xosé Lago); Muros (Pavillón de Miraflores); Louro (CEIP Louro); Abelleira (Centro de Surribos), e Torea (Casa Reitoral).
Haberá clases de ximnasia de mantemento; actividades predeportivas; baloncesto; fútbol sala; patinaxe; xadrez, e bádminton.
“Impulsamos unha oferta variada para que o conxunto da veciñanza se anime a facer algún tipo de actividade deportiva, promovendo os hábitos de vida saudables para persoas de calquera idade”, asegura Damián Torea, concelleiro de Deportes.
A preinscrición debe facerse nas oficinas da Centro Cultural e Xuvenil de Muros, por medio da sede electrónica do Concello de Muros ou cubrindo este formulario online.
No caso de rexistrar para a mesma persoa máis dunha solicitude, só se terá en conta a última, anulando con esta todas as feitas con anterioridade.
O 22 de setembro publicaranse os horarios, pero para a consulta telefónica dos mesmos habilítanse os seguintes teléfonos: 682 212 336 (pavillón de Miraflores) e 981 762 294 (oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros).
O prazo de matrícula será do 23 ao 29 de setembro de 2025 e o inicio das actividades está previsto para o 6 de outubro.
Obradoiros Culturais Municipais
Ademais, o Concello abre tamén o prazo de preinscrición nos Obradoiros Culturais Municipais do curso 2025/2026 para persoas adultas e mozos e mozas.
Haberá obradoiros culturais en Esteiro (arte floral, bordado, encaixe de bolillos e traballos manuais); Tal (bordado e traballos manuais); Abelleira (bordado, encaixe de bolillos e traballos manuais); Torea (traballos manuais); Serres (bordado, encaixe de bolillos e traballos manuais); Muros (arte floral, bordado, costura e encaixe de bolillos, gravado e pintura, teatro, traballos manuais e cociña); Louro (bordado e traballos manuais), e Trasdacosta (bordado).
Para nenos e nenas, están previstos obradoiros de teatro e pintura (nados entre o 2018 e o 2014, ambos incluídos).
O prazo de preinscrición remata o 18 de setembro ás 14:00 horas. A preinscrición farase nas oficinas da Centro Cultural e Xuvenil de Muros, por medio da sede electrónica do Concello de Muros ou cubrindo estoutro formulario