Muros acolleu un simbólico e comprometido Cume de Alcadesas

Maria Xose Alfonso, de verde, fixo de anfitriona na II Cume de alcaldesas celebrado en Muros

Despois da completa axenda de actos e de folgas do #8demarzo, Muros continuou celebrando o Día Internacional da Muller cun simbólico evento. O II Cume de Alcaldesas celebrábase en Muros o pasado venres. A alcaldesa local María Xosé Alfonso, despois de completar un día de folga e de concentracións, fixo de anfitriona na visita das rexedoras de Cambados, Fátima Abal Roma; Lousame, Mª Teresa Villaverde Pais; Moaña, Leticia Santos Paz; e Moeche, Beatriz Bascoy Maceiras. Ao longo do día incorporaronse a alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez e a alcaldesa de Outes, Mª Beatriz Molinos Vidal.

Na primeira parte do Cume compartiron experiencias e traballaron en relación ao empoderamento feminino na política.

II Cume de Alcaldesas coas alumnas cos IES de Muros

A segunda parte do cume foi aínda máis produtiva en clave formativa, pois contou coa presenza do alumnado de 3º e 4º dos IES Plurilingüe Fontexería e IES As Insuas. Estas mozas e mozos formularon interesantes temas a tratar coas alcaldesas. Algúns destes temas estaban relacionados cos programas de igualdade se realizan nos concellos, a repercusión da folga do 8M na política, o papel do home ante a igualdade, os micromachismos, etc.

Ademais, a sesión culminou coa proxección do filme Llueven vacas e un pequeno debate ao remate.

Mesa do II Cume de Alcaldesas de Muros

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).