Muros e Carnota abriron o seu Obradoiro de Emprego cunha vintena de persoas aprendendo un oficio mentres cobra
Os Concello de Muros e de Carnota inauguraron esta mañá o obradoiro dual de emprego ‘Oe Monte Feixa’. Desde hoxe, 13 alumnos e alumnas de Muros e 7 de Carnota participan neste programa mixto de emprego e formación para mellorar a súa empregabilidade.
Durante os próximos nove meses, recibirán formación e desenvolverán tarefas profesionais remuneradas, ademais de obter unha capacitación profesional que lles permitirá optar a postos de traballo.
En Muros, concello promotor do obradoiro, impartiranse dous módulos de:
- ‘Aproveitamentos forestais e xestión da biomasa forestal’
- ‘Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes’.
Na presentación estivo a alcaldesa de Muros, María Lago, que asistiu hoxe á inauguración do obradoiro na antiga fábrica de Sel xunto ao alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido; Javier Campa, da Consellería de Emprego da Xunta, e os gobernos locais de Muros e Carnota.