Muros disfrutará unha Semana Santa con pintura e feira ecolóxica

Xa vimos que estará en funcionamento o Xuvenbús para que a mocidade poida saír de marcha e deixar os coches na casa. Pero é que as propostas para esta semana Santa en Muros é completa. Teremos a posibilidade de disfrutar dunha nova Feira do Mercado Activo ou feira ecolóxica, ademais de dúas mostras, unha pictórica e outra de traxes muradáns.

Exposición Pictórica

A Asociación SORUM para a promoción da Vila de Muros organiza a Cuarta exposición pictórica de artistas muradáns, que será inaugurada o vindeiro 21 de abril (Xoves Santo), polo Alcalde de Muros, Domingos Dosil. Na mostra poderanse contemplar os últimos traballos de Alejandro Senande, Carmen Senande, Fernando Rei, Malís González, Miguel Lamela, Montse París e Pepa Sestayo, artistas que foron expresamente invitados pola Asociación.

Ao igual que nas tres edicións anteriores, tamén participan aqueles veciños que amosaron o seu interese en expoñer ás súas obras. Ademais haberá recital con "Quen puiderra convosco voar".

O horario de visitas será o seguinte:
- Xoves e Vernes Santo: Visitas de 12:00h a 14:00h e de 16:00h. a 19:00h.
- Sábado Gloria: de 12:00h. a 14:00h con clausura.

Feira do Mercado Activo

Xa se está aconvertir nun referente. Este sábado 23 de abril celébrase en Muros a segunda Feira de Mercado Activo, organizada pola Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa (Quilmas). Haberá produtos ecolóxicos de todo tipo, artesanía, e tamén un desfile de traxes tradicionais. Unha boa excusa para dar unha volta por Muros e visitar os arredores.

Desfile de Traxes muradáns

O vindeiro sábado 23 de abril poderase disfrutar dun desfile de traxes de muradana das distintas asociacións da bisbarra e teremos como presentador a “Miñato “o de Padre Casares que xunto con María a de turismo ilustraránnos na confección e materiais dos traxes. Así que non o perdades ás 18.00 na praza do mercado.

Máis actividades na SS

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).