Muros entona o “Murostrakatrá” trala plata do Club de Remo no Campionato de España de Bateis

A embarcación xuvenil do Club Remo Muros ao remate da proba en Moaña-Foto-Tercos Meira
Esta pasada fin de semana celebrábanse en Meira (Moaña, Pontevedra) as Finais do LXXVI Campionato de España de Bateis. Ata alí desprazábase a expedición dos Xuvenís do Club de Remo Muros, unha desas camadas de deportistas que non teñen teito.

Os muradáns acadaban a segunda posición, só por detrás do Club do Mar de Bueu, superando embarcacións de clubs históricos do País Vasco ou cántabros.

A embarcación, tripulada por Gabriel Fdez. Lago, Gabriel Romero Barreiros, Iván Novío París e Luís Santos Lourido, e patroneada por Irene Lamela Iglesias, fixo historia.


A patroa Irene Lamela.

Aquí podedes ver a final:

 

Novas relacionadas