O Concello de Muros pecha a pasarela de madera de Louro por seguridade e esixe a Costas a súa substitución integral

Pasarela de madeira de Louro pechada

Tivo que pechar hoxe a pasarela peonil de madera de San Francisco (Louro) a Policía Municipal de Muros. Un estudio encargado polo goberno local conclúe que a estrutura presenta un deterioro que xa non pode resolverse con labores ordinarios de mantemento.

Ante esta situación, o Concello de Muros esixe á Demarcación de Costas, organismo dependente do Ministerio da Transición Ecolóxica do goberno central, responsable da infraestrutura, a súa substitución integral

“Desde o concello cambiamos varias táboas nos últimos meses para atender as demandas veciñais, pero é unha solución que xa non serve porque a estrutura está moi deteriorada”, explica María Lago, “polo que debe ser Demarcación de Costas a que actúe na pasarela”.