Muros rehabilita a antiga Escola Unitaria de Serres

Escola Unitaria de Serres
  • O Concello afronta outra tres obras de saneamento, obxectivo principal do goberno

O Concello de Muros comezará neste mes de setembro 5 obras que suporán un investimento de máis de 1,1 millóns de euros para mellorar os servizos e as infraestruturas públicas da vila.

O próximo luns, 15 de setembro, comezarán os traballos de recuperación da antiga escola unitaria da parroquia de Serres para o proxecto da Aula Sostible dos Outeiriños. “O inmoble acollerá un espazo de traballo colaborativo entre distintas entidades, impulsando un programa de educación e sensibilización medio ambiental e do sector pesqueiro”, explica a alcaldesa de Muros, María Lago. 
O proxecto ten un orzamento que ronda os 375.000 euros e as obras rematarán no ano 2026. O Concello de Muros aportará 174.837, 69 euros e recibirá unha axuda do GALP de 198.878,91 euros. “A rehabilitación da antiga escola unitaria servirá para dinamizar o tecido asociativo da parroquia de Serres e as actividades da veciñanza”, engade a alcaldesa.

Saneamento, fundamental para o Concello

“Outras tres obras serán para continuar co plan de mellora do saneamento no concello, levando o servizo a zonas que carecían del e renovando a rede existente”, asegura Laura Rivadeneira, concelleira de Obras. 
Este mes iniciaranse os traballos de saneamento na marxe dereita de Serres (170.609,14 euros); o saneamento de Ribeira do Maio (250.000 euros), e unha actuación para o saneamento e a renovación do pavimento da rúa Real (238.300 euros).


Por último, neste mes de setembro comezarán a obras de mellora dos camiños de Somorto, en Abelleira, e Cabanas, en Tal (73.610 euros), que servirán para potenciar a seguridade viaria e a accesibilidade