Muros reparte máis de 3.500 euros no concurso de comparsas

Continúan os concellos da comarca debullando as súas programacións específicas para o Entroido. Nesta ocasión é o concello de Muros onde os festexos arrancan este venres cunha festa infantil de disfraces que se celebrará en Louro. Ao día seguinte, o sábado 10 será en Tal. As dúas son a partir das 17 horas. Xa o domingo día 11 - tamén ás 17 horas - celebrarase o concurso de comparsas no que se repartirán máis de 3.500 euros en premios. O luns de entroido haberá festas infantís nas parroquias de Esteiro e Serres e o martes será o turno de Torea e Abelleria. O mércores de Cinza -o 14 - será o enterro do Facundo e o fin de festa chegará o venres día 16 cunha festa de disfraces na biblioteca de Muros. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Muros