Muros volve encher o trimestre coa súa programación cultural continua

David Pastoriza, técnico de Cultura do Concello de Muros, coa edil Caridad González

Muros é outros dos concellos que máis aposta pola programación continua. Ese xeito de achegar a cultura á veciñanza a través da creación de hábitos, de facer saber á veciñanza que os sábados a esta hora hai algo na Casa da Cultura. A fórmula máis efectiva para encher os auditorios. 

O Concello muradán faino por tempadas, e agora toca a programación de outono-inverno, que trae 8 citas neste trimestre ao Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil. Teatro, danza, maxia e cine compoñen unha programación diversa dirixida a todo tipo de públicos.



O programa inaugúrase esta fin de semana a súa coa estrea de ‘El cautivo’, a nova película de Alejandro Amenábar.

En outubro, o auditorio acollerá propostas como ‘Os contos do lobicán’ de Redrum Teatro (sábado 11, ás 18:00 h), pensado para público familiar, ou ‘Un deus salvaxe’, a recoñecida peza de Talía Teatro (sábado 25, ás 20:30 h), destinada a público adulto. O mes pecharase con danza: ‘OD(I)OSA’, da compañía Morriña Dance Project (domingo 26, ás 18:00 h) dentro do programa da Deputación da Coruña, ‘Outono das artes’.

En novembro, a programación inclúe títulos como ‘Coa cabeza nas nubes’, de SÖA Cía (sábado 1, ás 18:00 h), ‘Esas cousas marabillosas’, de Empatía Teatro (sábado 15, ás 20:30 h) ou ‘Sol Fuerza’, de aAntena (sábado 29, ás 20:30 h).

Xa en decembro, a maxia será protagonista con ‘Un show incríbel’, de Cayetano Lledó (sábado 27, ás 18:00 h).

As entradas para os espectáculos do mes de outubro xa están dispoñibles a través da billeteira electrónica do Concello de Muros e nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil.