Música e risas benéficas en Muros

Moito gustan por Muros as accións solidarias. E de aquí a unha semana teremos unha doble cita cultural pensadas para axudar.

”Muros contra o Cancro”

Un ano máis ponse en marcha o ”Muros contra o Cancro”. Nesta ocasión realizarase unha cea benéfica no restaurante O Castelo, o sábado 11 de outubro, na que contarán coa actuación do coñecido actor Isi e Antonio de Beiro DJ. No precio da cea (28€) inclúese o donativo destinado á AECC.

Concerto Benéfico

A noviña banda muradá Maestro Romero estará o vindeiro día 11 de outubro tocando na Caverna, en Muros, pero será un concerto especial. ¿O motivo? BENÉFICO. Teñen a idea madurada, e necesitan a axuda de todo aquel que queira tendernos a man. Cobrarase unha entrada de 2 EUROS, pero nadie a vai a cobrar. “Pensamos que a xenerosidade debe salir de cada un, de propia moral, polo cal situaremos unha hurna no interior do local, e cada un, de propia iniciativa, deberá introducir os 2 euros. ¿E si alguén non paga? Pois un aplauso para él. Por suposto, o noso “caché” irá directamente a parar a esa hurna”, explican. En principio actuará Maestro Romero, con diversas colaboracións, e ademais, convenceron a Regueira e a Re-acción para que toquen os seus concertos en acústico. Téñeno claro: Solucionaremos a pobreza no mundo? NON, pero pensan nunha noite bonita que sirva para recoller fondos para mercar a maior cantidade posible de paquetes de arroz para destinalos ao banco de alimentos/comedor social máis cercano pero pensamos que pasaremos unha noite ben bonita e por encima faremos un ben social. Anímate e bótanos unha man, que che estaremos eternamente agradecidos!

Novas relacionadas

  • a href="/articulo/muros/maestro-romero-un-par-de-musicos-muradans-con-pouca-vergona-e-moito-sentimento/20140423153026075285.html">Maestro Romero, un par de músicos muradáns con pouca vergoña e moito sentimento.
  • Os pequenos saharaouis disfrutaron dunha tarde de fútbol solidario.
  • Martín Amarelle, o heroe solidario xalleiro.
  • Fonte

    • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).