O CIM de Muros organiza un Obradoiro de resolución de conflitos para mozos e mozas
18 de decembro de 2017 (06:33 h.)
O Centro de Información á Muller de Muros organiza este mércores 20 de decembro un Obradoiro para mozos e mozas de 14 a 18 anos. Berrando Solucións tratará de amosar recursos, e fomentar a empatía para canalizar o sentimentos relacionados coa violencia.
Un xeito de loita contra a violencia de xénero, sabendo que o conflito como tal non é negativo senón que forma parte da relación das persoas na propia sociedade. Por iso cómpre sabermos solventar eses conflitos de maneira que todas as partes gañen e non aparezan sentimentos de vergoña, derrota etc.
O horario será de 16:00 a 18:00h e podese inscribir no 981 762 411.
Novas relacionadas
- Repaso ao 25N-2017: A Costa da Morte colgouse o cartel de Espazo Libre de Violencias Machistas.
- O alumnado de Camariñas di NON ás Violencias Machistas en clave audiovisual.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).