O Rumial recuperou os Cantos de Taberna de Muros
Fermosa a proposta da A.C.R.D.M. "O R”umial do Campo das Cortes (Muros). Desta volta, cambiaron as fotografías polos cantos de Taberna, e a historia quedou ben xeitosa.
A entidade vén de organizar, como peche das actividades do 2014, o IV Encontro de Cantos de Taberna en Muros. Un encontro que percorreu varios bares da vila e que resultou todo un éxito. Contaron ca participación das Pandereteiras de Arcos e das Amas de Casa de Mazaricos, Pardereteiras do Tremuzo do Freixo, Tabernícolas do Leiradal de Lariño, Pedras Miúdas de Lires, "Peta Forte" de Cee, Os Breas, e o grupo anfitrión, as Cantareiras do Rumial. Todos os grupos armaron unha boa festa aló por onde pasaron.
Unha vez rematadas as actuaciós polos bares os grupos participantes reuníronse nun gran xantar de confraternidade, continuando a troula ata ben entrada a tarde. Iso si que é unha verdadeira festa galega!!
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).