Os escolares do CEIP de Artaza de Muros levaron ao pleno as melloras das instalacións do seu centro

Estudantes de 5º de primaria celebraron onte o 1º Pleno Escolar do CEIP de Artaza de Muros Os alumnos e alumnas de 5º de primeira do CEIP de Artaza de Muros viviron onte unha nova experiencia no salón de plenos do concello once celebraron o 1º Pleno Escolar do seu centro educativo. Xa nos días anteriores, traballaron sobre o tema nas aulas formando partidos, constituíndo listas e elaborando programas electorais. Unha vez obtidos os resultados electorais houbo pactos de goberno que lle deron a alcaldía á segunda forza máis votada. Desta maneira, lúdica e participativa os rapaces de 5º comprenderon o significado da democracia representativa. Na primeira parte do pleno escolar, a corporación, formada polos concelleiros/as e alcaldesa do colexio, en presencia da verdadeira alcaldesa Mª Xosé Alfonso que actuou de secretaria municipal, debateron a proposta de alcaldía que consistía nas reformas e necesidades do centro educativo, entre as que estaban o pavimento da pista de baloncesto ou unha marquesiña para a entrada do cole. Logo de un intenso debate chegouse a acordo e, aprobouse por unanimidade a proposta do equipo de goberno con alguna modificación de dita proposta. Xa no segundo punto da orde do día, o de rogos e preguntas, todos os rapaces/as se referiron á alcaldesa Mª Xosé Alfonso, trasladándolle numerosas peticións como arranxos de parques ou unha pista de atletismo. A xornada rematou cunha visita guiada pola alcaldesa na que percorreron as diferentes dependencias do concello. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • CEIP Ramón de Artaza