Os veciños de San José seguen agardando polas obras na beirarrúas

A problemática coas humidades nun edicidio do barrio de San José, en Muros, continúa aberta. A loita da comunidade de veciños para que o Concello leve adiante a remodelación das beirarrúas está en punto morto, logo de que o seu presidente José Manuel Bermúdez Siaba, se achegase en varias ocasións ao Concello sen resultados.

Bermúdez denuncia que "a beirarrúa da estrada de Miraflores leva uns cantos anos afundida e en moi malestado" e que polo tanto hai perigo de desplome e de accidente. "Levamos feitas varias reclamacións a consellería de obras para que nos solucionen o problema, xa que cando chove métenos auga no garaxe do edificio e temos toda esa zona desfeita. Ademais ese tramo está xusto o lado do colexio dos nenos, polo cal e un risco para pais e rapaces que pasan tódolos días polo sitio".

Bermúdez asegura que o seguro ten denunciado a situación no Concello, "pero a pesar de todo négase a reparar a beirarrúa". De feito, asegura que esta mesma semana foi ao Concello e o Concelleiro de Obras e "a súa resposta foi que non teñen pensado reparar nada, que non hai cartos e que cando os haxa xa se verá".

Bermúdez destaca que "esta beirarrúa e utilizada por máis de 700 ou 800 persoas, pero para o concello non é unha obra prioritaria. Esta reparación non supón ningunha inversión importante para o concello xa que a pode levar a cabo a cuadrilla de obras e os materiais necesarios son mínimos e téñenos xa no almacén do Concello, polo cal a excusa de que non hai diñeiro non cola". E continúa denunciando que "con só unha décima parte do que lle pagan ó asesor da alcaldesa solucionaríannos o problema".

A alcaldesa recoñece que hai filtracións pero ao mesmo tempo asegura que "non ten constancia de que o problema sexa tan grave como indica este señor". Ademais, Caridad González asegura que para que se leve a cabo a obra, terían que proban que as filtracións veñan da estrada.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • 27TV.