Poñen en valor o Banco municipal de material adaptado de Muros

Mario Martínez Lago, concelleiro de Servizos Sociais coa alcaldesa María Lago

O Concello de Muros puxo en marcha o pasado verán o seu Banco municipal de material adaptado, un servizo que está funcionando con éxito e reforza agora co Banco solidario de préstamo de materiais adaptados.

Neste caso, trátase dun servizo municipal para recoller doazóns de materiais adaptados en bo estado e prestalos gratuitamente a outras persoas en situación de dependencia ou discapacidade en Muros.

“Unha iniciativa da área municipal de Servizos Sociais que impulsa a solidariedade comunitaria e contribúe á reducción de custos para as familias, fomenta a sostibilidade, a rapidez á hora de atender as necesidades que xurdan e a mellorar en xeral dos servizos sociais”, asegura a alcaldesa de Muros, María Lago.

“A diferenza do banco que puxemos en marcha no verán, con material aportado polo concello, neste caso promovemos a doazón de materiais ortoprotésicos ou axudas técnicas en bo estado cando xa non se necesitan”, explica Mario Martínez Lago, concelleiro de Servizos Sociais. "Desta forma, melloramos a vidas das persoas dependentes e axudamos ao persoal do Servizo de Axuda no Fogar",  engaden a alcaldesa e o concelleiro de Servizos Sociais.

Poden beneficiarse deste novo banco as persoas residentes en Muros con necesidades de autonomía persoal, avalíadas polos Servizos Sociais. O préstamo é temporal, para axudar en situacións de dependencia.
Pódense doar camas hospitalarias; grúas articuladas; sillas de rodas; muletas e andadores; colchóns antiescaras; cadeiras de baño, e outros materiais necesarios para as perdoas dependentes. O persoal do concello encargarase da recollida e a entrega do material. 
Para realizar unha doazón, é necesario contactar coa concellería de Servizos Sociais: 981 762 465 ou servizos.sociais@muros.gal.