O Quixote bátese coas pedras muradáns

Quixotes en Muros

O centro cultural e xuvenil de Muros continúa coa programación, e a vindeira fin de semana presenta dous espectáculos destinados a público familiar, “Contos para caghar patatillas”, de Brais das Hortas e “Quixote” de Pedras de Cartón.

Primeiro tocaralle ao contacontos, Brais das Hortas , traer ao Auditorio do Centro Cultural e xuvenil os seus “Contos para caghar patatillas”. A cita será o venres 12 ás 18:00 h con entrada de balde.

Xa o sábado, a partir das 18:00h será a compañía Pedras de Cartón a que traia o seu especáculo “Quixote”, tamén pensado para público Familiar/infantil. Espectáculo Premiado no Certame Barroco Infantil do Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro 2021. A entrada custa 2,5 euros.

As entradas deben de ser reservadas previamente nas oficinas do centro cultural de Muros, ou no teléfono 981762294, no correo electrónico cultura@muros.es, ou no formulario creado para esta fin.