Rescatan a dous rapaces en apuros na praia do Pozo do Cachón
Foi tensa a tarde do domingo en Muros. Dous rapaces foron rescatados pola embarcación auxiliar Sebastián do Campo de Salvamento Marítimo tras vérense en apuros cando estaban nunha balsa inchable en fronte á praia de Pozo de Cachón, en Muros. As persoas foron levadas ao porto de Muros, onde os efectivos do GES agardaban para trasladalos aos seus domicilios.
O particular que alertou ao 112 Galicia indicou que as persoas que ían na embarcación poderían estar en apuros debido ao forte vento e indicou que ían á deriva cara Porto do Son.
Así, informouse a Salvamento, que tamén mobilizou a embarcación Salvamar Regulus ata o lugar, ademais do GES de Muros e o Servizo de Gardacostas de Galicia. O CAE 112 Galicia tivo constancia do suceso minutos antes das 17:30 horas desta tarde.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasacosta.com).