Rescatan dous mariñeiros dun barco que sufría un incendio por Louro

Dous mariñeiros foron rescatados esta mañá de mércores cando o seu barco sufría un incendio mentres faenaban a 3 millas da costa de Louro, Muros. Foi ás 6:15h cando saltaba a alarma, polo incendio rexistrado no Pesqueiro Novo Mariño, con base en Porto de Son.

Os triupalentes foron rescatados polo buque 'A Chainza', que faenaba pola zona, para posteriormente ser trasbordados á Salvamar Régulus de Salvamento Marítimo e trasladados ao porto de Porto de Son. Desde alí foron trasladados en ambulancia ao Hospital do Barbanza, un deles con queimaduras.