Rescatan tres tripulantes dunha barca á valga en Louro

Salvamento Marítimo mobilizou esta tarde a embarcación Salvamar Regulus para rescatar os tres tripulantes dunha pequena embarcación que quedou sen goberno preto da costa de Muros. Un particular avistounos dende terra e deu a voz de alarma ás 17.30 horas desta hoxe. Segundo explicou ao persoal do 112 Galicia, a barca quedara sen motor preto do faro de Louro. Asegurou que un dos tripulantes estaba tentando volver a terra coa axuda duns remos. Decontado, o persoal do CAE 112 Galicia informou aos efectivos de Salvamento Marítimo, ao persoal de Gardacostas de Galicia, ao GES de Muros e á Garda Civil.   Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Axega 112