A Santa Compaña salva o Samaín e o Día de Defuntos dende o Campo de Cortes

Rolda da Santa Compaña no Samain no Campo de Cortes-Xose Sendon Caamano

Faise complexo loitar contra a invasión do Halloween no país. Semella curioso que nun lugar onde tivemos un Samaín profundo, onde temos un Día de Defuntos tremendamente arraigado, e unha serie de lendas marabillosas, a festa ianqui siga acabando coas nosas tradicións.

Porén, ademais das combativas escolas, que seguen a promocionar o Samaín con todo o seu espírito, hai comunidades que loitas por manter vivas (ou mortas) esas tradicións. É o caso do Campo de Cortes, e a familia do Rumial, que esta ponte volveron mandar de rolda á Santa Compaña polos montes do muradáns.

Despois do obradoiro do venres para preparar os disfraces e os calacús (que xa tivemos sempre no país as cabazas terroríficas), a tarde arrincaba cuns xogos populares nun galpón. Aproveitando unhaa tregua que daba o tempo, a rolda de Defuntos saía da capela da Eira do Lugar, con moitas parellas novas con pequenas crianzas que se convertían nas ánimas da Santa Compaña. Escoltadas polos fachos, as ánimas vendo como escurecía polos montes de camiño á capela de San Marcos, onde agardadaba Dani Blanco cos seus contos de terror para corpos miúdos.

Aínda foi máis terrible a volta de baixada cara a Eira do Lugar, xa totalment escuro e cos ruídos da noite facendo espallar as lendas do Samaín.

Xa de volta, os maiores participaron coas súas conversas no fiandón (foi finalmente privado para favorecer as gravacións que quedarán como parte do patrimonio inmaterial da parroquia), mentres toda a familia gozaban das castañas e os callos á calor da lareira e as pandeiretas na foliada aberta.