Sobresaínte para os maiores de Muros

Menudas caras de alegría as destes maiores de Muros que participaron no Obradoiro de Envellecemento Activo. O departamento de Servizo Sociais do Concello de Muros, artellou este curso da man de Julia Quintero (Directora/Psicóloga) e María do Carme Núñez (Educadora Social), que culminaba coa entrega de diplomas por parte da concelleira Sandra Maneiro Pais.

Os/as participantes neste programa traballaron actividades de zumba, natación, memoria, relaxación... mostrando unha gran habilidade en todas as materias, motivo polo cal acadaron a máxima nota posible... SOBRESAÍNTE!

Novas relacionadas

Fonte

  • Redaccción de QPC (info@quepasanacosta.gal).