Tres alumnos muradáns métense na final do Young Bussiness Talent
Un equipo do IES Fontexería formado polos alumnos Pablo Otero e Álvaro Rodriguez, do ciclo superior de mantemento electrónico, e Manuel Buján de 2º de bacharelato matriculado na materia Empresa e deseño de modelos de negocio, veñen de coñeer que están clasificados para participar na final nacional do concurso de simulación empresarial Young Business Talents.
O equipo, chamado "Ultimat Dorna", está así entre os 100 finalistas dos 3.392 equipos de toda España que participaron neste o único programa práctico, de aprendizaxe experiencial, en economía, empresas e emprendemento.
Para participar neste concurso, os alumnos utilizaron unha sesión semanal desde novembro ata febreiro, da materia de Itinerario Persoal para a Empregabilidade (IPE) do CS de Mantemento electrónico para introducir as decisións relativas á xestión da empresa.
Os equipos debían dirixir unha empresa de produtos de coidado persoal co obxectivo de alcanzar o máximo beneficio.
En función do beneficio conseguido, o equipo ía conseguindo unha puntuación. No caso de ULTIMAT DORNA, a puntuación final obtida foi de 1.988 puntos a tan só 12 puntos da máxima puntuación posible. Desta forma obtivo a terceira posición na provincia da Coruña entre 172 equipos
Durante o proceso tivero que tomar as decisións relativas a todas as áreas funcionais da empresa: produción (unidades producidas de protector solar e crema hidratante): Financeira (investimento en inmobilizado, financiamento…); Recursos humanos (número de vendedores, salarios…) e Comercial (prezos, publicidade, promocións, merchandising, investigacións de mercado...)
A final, a diferenza do resto de fases, será presencial, disputarase en Madrid o día 21 de Marzo entre os 100 mellores equipos de España e repartiranse premios para os 20 mellores equipos.