O Tribunal Superior de Xustiza absolve a un veciño de Muros ao que a Audiencia provincial condenara a 9 anos de cárcere

Audiencia Provincial da Coruña

Respira aliviado un veciño de Muros, que vén de coñecer que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de anular unha sentenza de 9 anos de cárcere ditada pola Audiencia Provincial da Coruña o pasado 24 de febreiro.

O avogado do acusado, o tamén muradñan Ángel Vázquez González, recorreu dita Sentencia ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por considerar a sentencia da Audiencia provincial contraria a dereito, polo que interpuxo un recurso de apelación por unha séptuple motivación.
Tanto a fiscalía como o avogado da denunciante opuxéronse o recurso de apelación interesando que se confirmara a Sentencia da audiencia provincial.

E no día de hoxe o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciouse, admitindo o recurso de apelación presentado pola defensa do acusado e absolvéndoo sinalando que  “…debemos revocar esta y en su virtud absolvemos al acusado apelante de cualquier responsabilidad penal derivada de los hechos enjuiciados…"

En declaracións efectuadas a este medio polo avogado Vázquez Gonzálex, “celebro o resultado do recurso, estábamos convencidos de que a Sentencia dictada pola Audiencia Provincial. Non era axustada a dereito. Nunca dubidei da credibilidade do meu cliente, foi un traballo moi duro durante estes últimos 3 anos e medio e hoxe por fin podemos estar de celebración”.