Un ático sofre un incendio provocando grandes danos materiais en Muros

Incendio dun atico no edifico Montelouro en Muros-Foto-Ges Este mediodía Muro sobresaltouse por unha forte fumareda. Un piso, o ático do edifico Montelouro (de catro andares), sufría un incendio pasadas as 15:00h. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o incendio foi provocado polo propietario, que amoreou varias pertenzas nunha habitación e nun cuarto de baño e prendeulles lume. Ata o lugar achegáronse, tras ser alertados polo 112 Galicia, o 061-Urxencias Sanitarias, a Garda Civil e os efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Muros. Tamén se informou do ocorrido aos Bombeiros de Cee. Dous membros do GES tiveron que ser atendidos no punto, pero descartouse o seu trasladado. De feito, os dous efectivos continuaron coas tarefas de desescombrado. Finalmente o lume quedou controlado. O propietario resultou ileso. Fonte
  • Axega.