Unha Semana Cultural para saír da rutina dos libros texto

Unah sesión práctica de Ciencia na Semana Cultural do IES Fontexeria de Muros

Fantástica a XXIX Semana Cultural que viviron os IES Fontexeria. Despois dunha primeira metade de semana cargada de teatro, os últimos días foron de ciencia, danza e emprendemento. Un xeito de saír da rutina dos libros de texto e aprender dun xeito moito máis dinámico.

O mércores tocaba aprender en clave de ciencia, cunha exibición de experimentos científicos nos que participa todo o alunado do centro e a que tamén está convidado o CEIP Ramón de Artaza.

O xoves houbo tamén unha xornada de emprendimento a cargo do programa Eduemprende do IGAPE, con dúas palestras dentro do programa A Ponte da USC (Música e Cerebro con Manuel Arias Gómez e Planificación Ambiental das Paisaxes Rurais con Emilio Díaz Varela), unha xornada de convivencia en colaboración co Concello de Muros (Berrando Solucións), unha sesión de arte efémera "Esculturas de 1 minuto" mais outra musical baixo o título "A bateria: unha historia”.

A poesía Aldaolado en Semana Cultural do IES Fontexeria de Muros

O venres finalizou a XXIX edición da Semana Cultural do IES Fontexeria de Muros, cun obradoiro e exibición de Capoeira, a cargo de Deivid Araújo e as actuacións de Aldaolado e do Mago Teto. A Semana finalizou coa entrega de prémios dos concursos de Debuxo e de Affiches, a interpretación de varias pezas musicais en francés e a clausura oficial.

Capoeira na Semana Cultural do IES Fontexeria de Muros

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).