Ximiela celebra 25 anos facendo folclore

Levan 25 anos facendo folclore na comarca. A agrupación folclórica Ximiela nacía no 1988 en Louro coa intención de resucitar entre os mozos e mozas da parroquia o interese polo baile e música tradicionais, esquecidos pola maioría dos maiores e descoñecidos pola xente nova. E abofé que o conseguiron, facendo que varias xeracións de loureáns crezan vivindo moito máis de preto a nosa cultura.

E toda a xente de Ximiela, de Louro, de Muros e toda a zona, queren celebrar senlleira data cunha gala o 25 de maio ás 21:30h na Fábrica de Sel de Muros.

Será un espectáculo cunha duración de dúas horas nos que se fará un percorrido pola Galicia máis tradicional a través da súa música, dos seus bailes e da súa vestimenta. Todos os seu membros forman parte desta celebración, tanto que ata se puxeron diante das cámara para a creación dun spot para promocionar a súa gala.

Con todo isto, Ximiela busca a reivindicación da importancia de coñecer as nosas tradicións e sentirse orgulloso do noso folclore galego. Ademais de que nos sitios pequenos tamén se poden facer cousas grandes.

Aquí vos deixamos con este magnífico spot. E veña, todos correndo a celebralos 25 anos!!:


Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).