Ximiela estreará, fóra da casa, o seu novo gran espectáculo: "Raigame"
17 de decembro de 2018 (11:22 h.)
Raigame
Raigame nace como espectáculo para convertirse “nunha forma distinta de ofrecerlle o público as nosas tradicións, as nosas músicas e os nosos bailes, dentro dun formato que se sae da estética dun simple festival folclórico”. Así, a través dunha temática familiar en Galicia crearon unha historia, un guión, engandindo as actuacións tradicional que conforman o espectáculo. Levan 2 anos de complicados ensaios, primeiro de forma individualizada, e chegando a pasar 5 horas sobre o escenario, porque encaixar 70 persoas non é doado. https://youtu.be/0tTiUzPOYwUEstrea fóra da casa
Foilles imposible facer a estrea en Muros, pois o Concello denegoulles a Fábrica de sel, o único espazo que pode acoller un espectáculo así. “Ante o desinterese mostrado por parte do Concello buscamos outras opcións como naves do polígono, pavillóns dos institutos e colexios ... pero todo sen sorte. O único que non nos puxo ningún tipo de problema e que nos facilitou o camiño foi o IES As Insuas pero por motivos de acústica non o podemos utilizar. Tanto o IES Fontexería que dispón dun pavillón independente do centro, como o Colexio Ramón de Artaza e Malvarez (o que lle solicitamos o ximnasio para facer uns ensaios xerais) nos denegaron os espazos”, explica Pablo Seoane. Así que tocaralles estrear o vindeiro 26 de xaneiro na Estrada, e despois o 23 de marzo a Rianxo e o 7 de Abril no Auditorio Abanca de Santiago. E o calendario está aberto.Novas relacionadas
- O folclore da Ximiela conquista a 5ª Avenida de New York.
- Ovación tras ovación por 25 anos coidando o folclore.
- Ximiela celebra 25 anos facendo folclore.