A Fundación López Abente prepara unha Ruta entre Muxía e Touriñán
05 de agosto de 2014 (08:43 h.)
Segue armando a Fundación Gonzalo López Abente actividades arredor do bardo muxián. Desta volta toca unha Ruta Abentiana de Muxía a Touriñán, que se desenvolverá o vindeio venres 15 de agosto, e para a que xa está o przo de inscrición aberto.
Trátase dun roteiro poético cultural guiado por Xan Fernández e que terá tramos a pé e tramos en bus ata Touriñán. Tamén haberá lecturas de poemas con Xaime Trillo, RosalÍ Fernández Rial e Suso Sambade.
Para participar hai que inscribirse nas oficinas do Concello de Muxía, antes do día 13. (tf. 981 74 20 01)