A Xunta restaurará parte das pinturas da igrexa de Moraime despois do verán

Recentemente recuperaronse as pinturas do mural oeste da igrexa de Moraime. Imaxe Crearestaruacion Cunha inversión de 50.000€, a consellería de Cultura Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia anunciouo onte que a despois do verán iniciará a restauración da pintura do muro norte da igrexa do mosteiro de San Xiao de Moraime, en Muxía. Esta actuación súmase aos traballos xa executados para recuperar a pintura moral oeste do mesmo templo, na que xa se pode admirar a representación do Papa Pío II. Deste xeito, xa se levan invertidos nesta igrexa - declarada Ben de Interese Cultural (BIC) coa categoría de conxunto histórico - máis de 105.000 euros. Os próximos traballos sobre as pinturas desenvolveranse despois de que o departamento de Cultura da Xunta de Galiciarealizase nos anos 2014 e 2015 obras para atallar a entrada de auga por capilaridade e filtración nos muros da igrexa. Ademais, a intervención anterior sobre a pintura do muro oeste permitiu axustar criterios e procedementos de actuación e comprobar a efectividade dos traballos realizados anteriormente para atallar a humidade. Traballos previos De forma previa á actuación directa sobre a pintura do muro norte redactarase un proxecto de intervención técnico e histórico para situar a lectura do mural dentro do programa iconográfico e da historia do inmoble. Así mesmo, elaboraranse mapas de estado de conservación e controis de temperatura e humidade. Segundo informan dende a consellería, a intervención en si consistirá na consolidación do soporte e dos estratos polícromos, limpeza da superficie e aplicación de tratamento contra o biodeterioro, e na eliminación de antigos morteiros de restauración para substituílos por outros novos e reintegrar a policromía orixinal ao conxunto. A igrexa do antigo Mosteiro de San Xiao de Moraime é un dos exemplos senlleiros do románico galego. Pedra de Abalar Por outra parte, onte celebrouse unha reunión entre os técnicos de Patrimonio e representantes do concello de Muxía para estudar a proposta de desprazar a Pedra. "Tendo en conta os datos achegados pola empresa Terra Arqueos, entendeuse que a proposta non contaba con suficientes garantías de éxito"sinalan dende a administración autonómica. A consellería de Cultura acometerá, en primeiro lugar, unha musealización adecuada para o fragmento de 3,6 toneladas desprendido a raíz dos temporais de 2014 e, en segundo lugar, estudará e valorará novas posibilidades técnicas que resulten idóneas para que, sen pór en risco a Pedra, esta recupere o seu abalar característico. Novas relacionadas

Outros artigos de interese

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Consellería de Cultura