Xoves. 07.11.2024
El tiempo

A Xunta restaurará parte das pinturas da igrexa de Moraime despois do verán

A Xunta restaurará parte das pinturas da igrexa de Moraime despois do verán
Recentemente recuperaronse as pinturas do mural oeste da igrexa de Moraime. Imaxe Crearestaruacion Recentemente recuperaronse as pinturas do mural oeste da igrexa de Moraime. Imaxe Crearestaruacion Cunha inversión de 50.000€, a consellería de Cultura Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia anunciouo onte que a despois do verán iniciará a restauración da pintura do muro norte da igrexa do mosteiro de San Xiao de Moraime, en Muxía. Esta actuación súmase aos traballos xa executados para recuperar a pintura moral oeste do mesmo templo, na que xa se pode admirar a representación do Papa Pío II. Deste xeito, xa se levan invertidos nesta igrexa - declarada Ben de Interese Cultural (BIC) coa categoría de conxunto histórico - máis de 105.000 euros. Os próximos traballos sobre as pinturas desenvolveranse despois de que o departamento de Cultura da Xunta de Galiciarealizase nos anos 2014 e 2015 obras para atallar a entrada de auga por capilaridade e filtración nos muros da igrexa. Ademais, a intervención anterior sobre a pintura do muro oeste permitiu axustar criterios e procedementos de actuación e comprobar a efectividade dos traballos realizados anteriormente para atallar a humidade. Traballos previos De forma previa á actuación directa sobre a pintura do muro norte redactarase un proxecto de intervención técnico e histórico para situar a lectura do mural dentro do programa iconográfico e da historia do inmoble. Así mesmo, elaboraranse mapas de estado de conservación e controis de temperatura e humidade. Segundo informan dende a consellería, a intervención en si consistirá na consolidación do soporte e dos estratos polícromos, limpeza da superficie e aplicación de tratamento contra o biodeterioro, e na eliminación de antigos morteiros de restauración para substituílos por outros novos e reintegrar a policromía orixinal ao conxunto. A igrexa do antigo Mosteiro de San Xiao de Moraime é un dos exemplos senlleiros do románico galego. Pedra de Abalar Por outra parte, onte celebrouse unha reunión entre os técnicos de Patrimonio e representantes do concello de Muxía para estudar a proposta de desprazar a Pedra. "Tendo en conta os datos achegados pola empresa Terra Arqueos, entendeuse que a proposta non contaba con suficientes garantías de éxito"sinalan dende a administración autonómica. A consellería de Cultura acometerá, en primeiro lugar, unha musealización adecuada para o fragmento de 3,6 toneladas desprendido a raíz dos temporais de 2014 e, en segundo lugar, estudará e valorará novas posibilidades técnicas que resulten idóneas para que, sen pór en risco a Pedra, esta recupere o seu abalar característico. Novas relacionadas

Outros artigos de interese

Fonte

Comentarios