As Abaladeiras de Muxía, premiadas no Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina

As Abaladeiras de Muxía no Festival de Xacarandaina

Este domingo 2 de xuño tivo lugar o XXXIX Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina no Pazo da Ópera da Coruña. Alí estiveron as Abaladeiras de Muxía, que ficaron encantadas e emocionadas ao recibiren o 1° Premio da Categoría C no Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina da Coruña.

Toda unha demostración de que a Costa da Morte é potencia en tradición.

 

Potencia tamén na música

Xa hai un par de semanas as Abaladeiras levaran unha alegría cando os seus pequenos “Roquiños” levaran o 2º Premio Categoría B (de 10 a 13 anos) de Pandeireta XXX Concurso Música Tradicional Xacarandaina.

Aí tamén estiveron as As Xaviñanas da Universidade Popular de Corcubión, levando o 3º Premio Categoría C (de 14 a 17 anos) pandeireta.

Novas relacionadas