Os agricultores da zona tampón da couza da pataca non poderán prantar ata pasados dous anos do último insecto capturado
06 de marzo de 2019 (12:29 h.)
Os agricultores da zona tampón da couza da pataca non poderán prantar ata pasados dous anos do último insecto capturado
Un ano despois da chegada da couza da pataca á Costa da Morte a Xunta lembra aos agricultores o procedemento legal. Así, o DOG publica hoxe unha resolución da Consellería do Medio Rural para que os agricultores da zona tampón declaren os seus cultivos. Teñen ata o 31 de maio para facelo.
A medida e que tamén prorroga a prohibición de plantar nas zonas infestadas ata que transcorran dous anos desde o último insecto capturado nas trampas.
O DOG lembra que Muxía é un dos concellos afectados, sendo ademais os que forman a zona tampón (nunha franxa de 5 km) son Cee, Corcubión, Camariñas, Carnota, Dumbría, Fisterra e Vimianzo.
Novas relacionadas
- Xuño 18: A Xunta retira 136 toneladas de patacas de Muxía e tramita 7 expedientes sancionadores.
- Marzo 2018: Muxía, primeiro concello da Costa da Morte afectado pola couza guatemalteca da pataca.