O alumnado do CEIP de Vilarmide conciénciase contra a mutilación xenital feminina

A solidariedade emerxe sempre no CEIP de Vilarmide Eduardo Noya. O centro muxián ten unha especial sensibilidade cos temas que traspasan as aulas e o estrito coñecemento académico como a ecoloxía, o maltrato, o bulling, os dereitos da infancia…

É por iso que levan anos colaborando cunha pequena ONG “Mundo Cooperante” que loita contra a MXF (mutilación xenital feminina) e contra os matrimonios infantís. Non queda ningunha familia que non teña unha o máis dunha pulseira masai, que fabrican artesanalmente as mulleres que antes eran mutiladoras e que se comprometen a non volver a facer ese “traballo”

O 6 de febreiro conmemorase o día internacional contra a mutilación xenital feminina e para denuncialo o alumnado fixo un pequena manifestación deixando claro a súa posición.

Este 6F, desde Tanzania, Kenia, Etiopía e Nigeria ata Muxía (Galicia) e Badajoz, a infancia únese para decir NON á Mutilación Xenital Feminina.