O alumnado do IES Ramón Caamaño presenta dúas antoloxías

Este venres, ás 20:30 h, a Biblioteca Municipal de Muxía acollerá a presentación de dúas obras colectivas creadas polo alumnado do IES Ramón Caamaño. Trátase de dúas antoloxías bilingües, O Vixía. Contos á luz do Monte Corpiño e Contos da Costa da MorteEstas colleitas, en galego e castelán, son o resultado dun proxecto educativo que promove a creación literaria e artística.

Os libros, con relatos escritos polos estudantes, inclúen ilustracións de Yano-Yoro (Susana Llorente) e Eduardo Baamonde. No acto participarán o director do centro, Xurxo Fernández, xunto cos profesores David Creus e Jorge de Barnola, director do proxecto, alma e motor da idea é o profesor de Lingua e Literatura Castelá. Ademais, varios alumnos e alumnas lerán algúns dos seus textos.

Esta iniciativa, apoiada polo Concello de Muxía, é un exemplo de creatividade e promoción da diversidade lingüística.