A area da Praia da Cruz segue invandido a estrada cando hai nordés
03 de xuño de 2024 (12:44 h.)
Foi unha fin de semana de nordés, como se comprobou en Arliña coas finais da Copa da. Pero onde máis se notou foi na entrada da vila, onde a area da Praia da Cruz invade, dende a estrada dende a sua construción (fíxose sobre unha duna…).
Ante esta situación continua, o Concello ten avisado a Estradas da Xunta de Galicia para que vaian quitar a area, e para analizar algunha actuación.
Con todo, dende a oposición propoñen accións urxentes, formular un plan de mantemento porque isto é un mal crónico, ou pensar unha alternativa para a entrada na vila, e deixar que a duna móbil se expanda de xeito natural.