Atopa unha perla nunha ameixa celebrando o seu aniversario en Muxía

Maria Jose, coa perla de Casa de Lema

En xaneiro aconteceu nun restaurante de Muros. Esta pasada noite de martes 14 de marzo volveu pasar, desta volta nun de Muxía. Unha familia celebraba o aniversario de María José en Casa de Lema. Quedaban as últimas ameixas e Manu, o fillo, serviullas á súa nai. Sentiu algo na boca e dixo algo así como “eh, que hai aquí? unha pedra?”.

De contado, xa notou que era algo especial, e se puxo toda e mocionada. “Ten toda a pinta de ser as famosas perlas que hai agora”, sinalou Manu, comparando en internet coa atopada no restaurante muradán, e comprobando que eran igualiñas.

Son ameixas da cetárea de Merexo, que proceden de Carril. “Son bivalvos e pode ocorrer. O funcionamento é o mesmo que o da ostra”, explica o responsable da cetárea, Carlos Alcalde.

A “cumpleañera” levou unha boa sorpresa e hoxe irá preguntar nalgunha xoiería o seu valor real. Iso si, como di Manu, “a partir de agora todo o mundo irá comendo a modiño por se toca”.