Atopan o cadáver do home que desaparecera co seu quad en Muxía
19 de decembro de 2010 (22:07 h.)
O pasado xoves 16 de decembro desaparecía un home de 58 anos no seu quad polos montes de Muxía. Lamentablemente o seu corpo foi atopado a tarde deste sábado 19 de decembro no lugar de Oruxo, tras sufrir un grave accidente no vehículo.
As sospeitas da policía indican que morrería o mesmo día 16 tras unha saída de vía. A familia, residentes no casco urbano muxián, denunciara a súa desaparición a noite do xoves, e a Garda Civil mantiña dende aquela un dispositivo de búsqueda.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Fotografía de Marcos Rodríguez.
- La Voz de Galicia: Hallan muerto a un hombre que había desaparecido tras salir con su quad en Muxía: