Os bancos deixan sen efectivo a Muxía en plena Semana Santa

Oficina de Abanca de Muxia

En plena finde de Semana Santa, con actos onde todo o mundo sabe que se paga en efectivo, como a Festa do Congro ou a feira do mexillón, os caixeiros de Abanca e do Banco Santander da vila de Muxía, non soltan billetes. Pero non é porque estean estroupeados, senón que dende o pasado xoves, as dúas sucursais deixaron sen billetes e ninguén se preocupou por recargalos.

As queixas da veciñanza foron constantes, apoiadas polas da voceira do BNG. "Un exemplo máis de como se precariza un servizo que era público, como eran as caixas, e se privatiza", critican dende o BNG.

Unha situación que, en calquera caso, non afecta tanto á hostalería, onde preto do 80% dos clientes xa adoitan pagar con tarxeta. 

Máis novas