COVID: Só Muros, Muxía e Santa Comba se manteñen en Nivel Medio

Gráfica realizada por QPC cos datos de transparencia do Sergas
A Xunta porá en vigor a partir do 15 de setembro un novo modelo de restricións para a hostalería.

Continúa a caída da 5ª onda da pandemia tamén na Costa da Morte. Unha baixada de casos que repercute no novo mapa de restricións que se efectivo dende o vindeiro sábado. En Galicia xa non queda ningún concello en Nivel Máximo, e na Costa da Morte nin sequera en nivel Alto. Só quedan os Concellos de Muros, Muxía e Santa Comba en Nivel Medio, coas terrazas ao 100% e interiores ao 50%; e prohibidas as reunións de non convivintes entre as 3:00h e as 6:00.

En calquera caso, a Xunta estuda modificar as restricións na hostalería, ofrecendo que sexan ademais os propios hostaleiros os que escollan entre dous niveis.

Baixada de casos

Nunha semana a caída volve ser radical, pasando de 430 novos casos detectados a 14 días do pasado día 30, aos 281 de onte en toda a comarca. Unha cifra que sitúa a taxa aproximada de incidencia acumulada a 14 días arredor dos 200 novos casos por cada 100.000 habitantes.

 

Novo modelo para a hostalería aprobado pola Xunta

Establece 2 niveis, aínda que se reserva un nivel de seguridade cando a gravidade da situación epidemiolóxica o requira.
O modelo e