Detidos os presuntos autores de roubos en varios albergues, entre eles no de Muxía

Axentes da Garda Civil pertencentes ao posto de Milladoiro, detiveron onte a unha muller e a un home - A.V.F.C de 39 anos e B.M.V. de 23 anos - como presuntos autores de, polo menos, 24 delitos de roubo nos que resultaron perxudicados máis de 20 peregrinos ubicados nas principais variantes dos camiños Francés, Portugués, Inglés e a prolongación de Fisterra a Muxía. Os feitos tiveron lugar a principios do mes de agosto en varios albergues situados en concellos como Muxía, Ames, Oroso, Arca, Redondela, Teo e Santiago de Compostela. Ao parecer, os detidos sustraían diñeiro e outros obxectos aos peregrinos mentras estes durmían. Así, á vista de que os feitos se facían baixo un "modus operandi" moi concreto e reiterativo, a compañía territorial da Garda Civil de Santiago de Compostela dispuso a apertura dunha investigación policial específica. Para o esclarecemento dos feitos, a Garda Civil traballou en colaboración coa comisaría da Policía Nacional de Santiago de Compostela quen, paralelamente, investigaran outros feitos similares perpretados en albergues e outros establecementos similares do concello de Santiago de Compostela. Segundo sinala a Garda Civil, a operación continúa aberta e non se descarta que os mesmos autores estean implicados noutros feitos denunciados e coa mesma similitude. A titular do xulgado de Instrucción núero un de Santiago de Compostela acordou o ingreso en prisión dos detidos. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Garda Civil