Domingo de accidentes

Accidente en Muxía. Foto cedida por Prot. Civil Dous accidentes rexistraron as estradas da bisbarra aonfo deste domingo.

Accidente en Muxía

Pasadas as 13:30h producíase unha saída de vía con envorco dun vehículo na estrada ac-440 p.k.12.5 (Figueiras de Arriba, Muxía). A pesar do aparatoso accidente e o estado en que quedou o vehículo o condutor (único ocupante), un home de 72 anos natural de Baínas, non sufriu danos persoais. Interviron voluntarios de Protección Civil de Muxía, efectivos da Policía Local e axentes de Garda civil de Tráfico.  

Unha persoa excarcerada en Ponteceso

Unha persoa resultou ferida en Ponteceso ao saírse da vía o turismo no que viaxaba. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a vítima tivo que ser excarcerada polos efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da localidade e os Bombeiros de Carballo, ao quedar atrapada no interior do vehículo. Unha vez liberada, a persoa ferida foi trasladada a un centro hospitalario. O accidente tivo lugar na AC-424, na estrada de Ponteceso a Corme, concretamente no punto quilométrico 5,500. O 112 Galicia tivo constancia do sinistro ás 10:00 horas, a través da alerta dun particular. A partir de aí, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informaba do ocorrido ao 061-Urxencias Sanitarias, aos membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios y Salvamento de Carballo, á Garda Civil de Tráfico e ao GES de Ponteceso.