Falece un bañista nunha praia de Muxía
16 de xullo de 2014 (23:20 h.)
Arredor das 18:00 horas desta tarde, faleceu un bañista na praia que está situada ao carón do areal de Leis, en Muxía.
Segundo informan fontes de Protección Civil de Muxía, o falecido tiña uns 60 anos de idade e atopábase na auga no momento en que se produxo o incidente.
Ata o lugar desplazáronse os servizos de urxencias ainda que non puideron facer nada por salvarlle a vida.