Finde de música, festas, teatro e San Xoán no Camping de Merexo
Fin de semana completa no Camping Lago Mar de Merexo, que arrinca este venres 20 de xuño coa visita dunha das bandas máis potentes do panorama popeiro do país. Zavala é toda unha revolución na música galega contemporánea coas súas melodías suaves e letras potentes, e estarán a partir das 21:00h no escenario muxián.
O sábado toda gravación dun dos podcast máis de moda en Galicia. O Faiado Podcast chegará para falar ademais das festas da comarca nunha vela divertidísima.
O domingo será de Brunch pola mañá e de teatro coa corcubionesa Mariña Lestón pola tarde, nun taller de creación teatral, para o que podedes inscribir en marinhaleston@gmail.com.
Pero aínda non queda aí a cousa, porque op Campin tamén celebra o San Xoán, na tarde do luns 23, cunha foliada aberta e unha sardiñada.