A hostalería costeira sumérxese na gastronomía subacuática

Intentan os GALP involucrar ao sector da hostalería no proxecto “RIMARTES. Riquezas do mar, tesouros”, de posta en valor o patrimonio subacuático a través da gastronomía. Unha vintena de profesionais do sector hostelero da Costa da Morte e a Ría Muros-Noia asistiron onte á reunión inicial no Parador da Costa da Morte.

A proposta para este verán será a de poñer en marcha a campaña "O prato do tesouro”. Os locais participantes crearán un prato tematizado ao redor dos naufraxios documentados por RIMARTES e incluirano na súa carta. Os comensais que o degusten, entrarán no sorteo de varios premios só con sacarlle unha foto e subila ao Instagram do proxecto.

Os locais interesados aínda poden anotarse para participar no email info@rimartes.com ou no teléfono 636 111 893.

A reunión tivo unha parada obrigatoria no Recunchos dos Naufraxios do Parador, que conta cunha serie de mapas orixinais de gran tamaño do gran Pepe do Oleghario.