En marchas as obras da nova depuradora de Quintáns

Sempre son benvidas e ben valoradas as obras de saneamento na nosa comarca. E de aí a importancia da nova obra que está a eexecutar o Concello de Muxía: a nova depuradora de Quintáns, un proxecto moi agardado pola veciñanza que permitirá mellorar e ampliar o servizo de saneamento nesta parroquia.

A actuación foi adxudicada á empresa Aquablue Sistemas Constructivos S.L. por un importe de 131.501,52 euros, e está incluída no Plan de Obras e Servizos (POS) do ano 2022 da Deputación da Coruña. de feito, este proxecto permanecera bloqueado durante anos, mais o actual equipo de goberno conseguiu desbloquealo e poñelo en marcha. Ademais, procedeuse á modificación do proxecto inicial para cambiar a ubicación da depuradora, o que permitirá dar servizo a un maior número de veciños e veciñas que antes quedaban fóra da rede de saneamento.